Os domingos de por si teño a tentación de escribir sobre o ruído, a causa do que sufro a noite anterior. Non obstante, o pé a facelo hoxe son as novas da semana. Para facer unha recopilación, comezou coa nova de que en Burela lle está chegando unha circular ós locais que abren de noite para que se axusten á normativa. Non sei os efectos que terá, pero é un paso máis, e en Burela xa levan tamén tempo co tema. Claro que non tanto como os máis de 16 anos que hai que abriron un local fronte á miña casa, comezando a primeira noite sen xente, pero con portas abertas e música alta.
Despois foi o anuncio por un xornal dunha lista que apareceu no DOG de propostas de multas por contravir o horario de peche ou estar relacionados con xaleos no exterior, incluíndo a establecementos ribadenses.
O mesmo xornal referiuse ó día seguinte a outra lista, ista con outras sancións, ista volta, definitivas.
Tamén foi avisada a Xunta Local de seguridade de Ribadeo para venres, con visos de que un dos temas a tratar sería o do ruído, e con posterioridade, a nova de que se reunira. E si, na xuntanza parece que se tratou de vixiar máis o tema, pero a nota de prensa (á que non puiden acceder aínda de xeito direito porque parecer que a web do concello segue inaccesible) non parece ter especificado en que se centrará esa maior e espero que mellor vixiancia (onde máis falta vexo é no tratamento administrativo). Así, quedan sen especificar os temas, como se por exemplo a Guardia Civil pasará tamén a vixiar o tema do ruído a parte do do horario, complementando á Policía Local, brazo dos concellos que sobre todo teñen competencias en ruído, pero tamén en horario. A falta de concrección fai abrigar esperanzas, pero sen pasar por incauto: ver máis de 16 anos de infraccións contínuas e poucas veces consideradas fan que observar que a dirección pode ser boa non implique que non haxa que esperar o resultado.
E hoxe, relacionado, aparece na prensa un bar multado por non advertir de que non pode vender alcohol a menores...
Un pouco máis lonxe de Ribadeo, pero comprendéndoo, tamén istos días apareceu nos medios a discusión sobre unha lei en redacción que tendería a meter en vereda ós adolescentes nouturnos en Galicia. Pero isa queda polo momento lonxana, e hai que lembrar que leis hai, pero a aplicación, isa xa é fariña doutro costal.
1 comentario:
O tema do ruído é un tema moi complexo. Eu creo que a solución do ruído radica unicamente na educación que ten a xente, una educación que aprenderon cando eran novos. Eu por exemplo, non se me pasa por a cabeza poñer a música a todo volumen no piso as 12 da noite, hai xente que si, ou xente que as 3 da noite, un mércores fan outros ruídos....
Quería aproveitar esta ocasión para facer unha reflexión acerca da chegada a Mariña de Lugo dos chamados "GORRILLAS", xente que aproveita os aparcamentos gratuitos ou aparcamentos de zona azul, para cobrarche UN IMPOSTO por axudarche a pagar e se non lle pagas nada, pínchan as 4 rodas ou raíanche o coche. Pois o pasado 17 de outubro, en plena festa de As San Lucas en Mondoñedo, no aparcamento GRATUITO da Granxa había unha familia de xitanos dando indicacións para aparcar os coches e cobrando á xente, POR APARCAR EN UN APARCAMENTO GRATUITO, eran sobre as 11 da noite, eu por suposto din unha volta por o aparcament e o ver que andaban xitanos indicandome donde aparcar, marchei e aparquei noutro lugar. ¿COMO PODEMOS CONSENTIR ISTO EN PLENO SIGLO XXI? ¿ASÍ SE QUEREN INTEGRAR OS XITANOS NA SOCIEDADE? ¿ROUBANDO?
Publicar un comentario