20091107

A voltas co mercado

Hoxe non dou entrado na web do concello, que parece 'caída', polo que non podo ver as declaracións 'fetén' do alcalde respecto do mercado semanal.
O caso é que Castropol está impulsando un mercado semanal, tamén os mércores, e polo momento, gratuíto para os feirantes, o que xerou a volta do tema do mantemento do mercado. Houbo 4 postos en Castropol e os que veñens sendo normais en Ribadeo.
Din que baixou algún máis. Pode ser, non os contei, e en calquera caso, polo momento van sendo remprazados por xente á que antes non lle quedaba sitio. Pero o certo é que despois da ordenación feita iste ano, non vexo diferenzas notables últimamente. E, en canto a mercado, 4 postos coido que non deben ensombrecer a realización do mercado ribadense.
O de sempre: o mercado admite melloras (seguramente non estariamos de acordo en cales, mentres o concello apunta á ampliación de sitio e ó pago dos recibos polo banco), pero polo momento non está para desaparecer nin moito menos. E iso sen ter en conta que foi precisamente nesta época do pasado ano cando se recrudeceu a batalla das taxas e superficies no mercado ribadense, ó ser a tempada de menos vendas. Cando voltou o bo tempo (e o aumento de posibilidades de venda), rematou a batalla.
Así as cousas, un novo enfrontamento sen moito sentido provocado polo alcalde castropoleño ó elixir o mesmo día para o mercado que Ribadeo (aínda que fora decisión dos catro comerciantes que se puxeron, como alega), despois das lamentables críticas ó polígono industrial ribadense, ó estilo daquelas de 'ponte non, xa o hai na Veiga', suscitadas pola ponte dos Santos.

Ningún comentario: