Quedouse en falar cos alcaldes que apoiaron inicialmente a plataforma (Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Burela, Viveiro, ...) para que presten un sitio en cada concello para poder informar directamente o público en xeral, e invitar ós que non o fixeron no seu momento a que a apoien agora, despois de tomar a decisión de convocar a unha manifestación en burela, polo momento sen ter determinado o día.
En Ribadeo, está previta a charla venres día 20 de novembro ás 20:30 h, en lugar a determinar.
Asemade, divídese o traballo da plataforma tres partes diferenciadas para facilitar o estudo e actuacións:
1) A Área Sanitaria. Unha entidade que xa existe, constando dun territorio de 14 Concellos con 72 000 cartillas.
2) A Xerencia Integrada. Esta proposta da Xunta significa que a atención primaria + atención especializada, serán conxuntas (como na actualidade)
3) A Xerencia Única. Mentras que as dúas primeiras non teñen problema, esta terceira será o cabalo de batalla, pretendendo ser exercida dende Lugo. Isto fai pensar que si en Burela no momento actual hai seis quirófanos (4 grandes + 2 pequenos) traballando todos a reo, se fan falta en Lugo (xa hai dificultades para algún persoal do hospital 'Xeral') e son os de Lugo os que manexan os cartos, é previsible que a falta remate sendo en Burela.
Ninguén pode dicir como estará o tema dentro dun ano e cales son as especialidades que faltarán, pero o alonxamento do centro de decisións, xunto coa falta de orzamentos para ampliacións ou reformas, fan temer que a administración, que tampouco responde polo momento ás preguntas máis que co silencio, remate unha reforma que non beneficia á Mariña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario