20091217

Amar en tempos revoltos

Coido que o título dunha obra coñecida pode servir para moitas cousas. Para ser aplicado en Ribadeo, tamén. E é que os tempos están revoltos, pero non queda máis que aplicar un mínimo de amor por tódalas bandas para ir tirando, e ata mellorando aínda que ó comezo non o pareza.
O alcalde pide ós traballadores do concello que só fagan unha pausa na súa xornada laboral, segundo está estipulado legalmente. É posible que dentro da casa do concello sexa considerada unha medida de forza, pero na rúa tamén o é que sexa unha medida popular, cando non debera ter consideración nin de unha nin de outra, senón de achegarse ó pactado de antemán, ó servizo público e á eficiencia. Moito se leva falado, e moito máis se podería dicir sobre o funcionariado, a súa verquente de seguridade, que debera levar aparellado servizo, e doutras ventaxas e desventaxas que leva, pode levar ou pode atribuírse como asociadas, e non vou incidir aquí, nun comentario breve, sobre as mesmas. Pero a parte de lembrar que non todo o mundo no concello é funcionario, tamén hai que lembrar que o funcionariado non é máis que un tipo de relación laboral.
Na mesma nova de prensa aparece a dificultade de reparto dunha bolsa anual de 68 000 € entre os traballadores do concello, que ten outro cariz, pois mentras que simplificando o tema da xornada pódese supor que ten dúas partes implicadas, o que podemos chamar 'patronal' e 'obreiros', neste outro punto os intereses están divididos, mesmo atomizados, co que era antes patronal' actuando agora de 'xuíz', e o que eran 'obreiros', como partes enfrontadas.
A foto, coido que consoante co título e co tema primeiro, unha vaca en actitude protectora fronte ó seu becerro, que se acurruca ós seus pés nun día de frio. Protección para que medre e se desenvolva, non sobreprotección que lle permita desentenderse dese propio desenvolvemento.

2 comentarios:

clapaucio dixo...

Yo siempre pensé que el funcionariado debería traer alto sueldo o estabilidad. Nunca las dos cosas.

Puedes ser administrativo funcionario, y ser fijo "hasta la muerte", pero eso debería llevar el cobrar un 10% menos que esl administrativo de Pertejo, por decir algo.

Así quizás se acabaría la fiebre de oposicionitis que existe hoy en día.

Lo siento por la parte que te toca, pero ....

Salu2

agremon dixo...

La parte que me toca? Por el momento, quizás lo que más aprecio es la independencia frente al empleador. (cuidado, no frente al empleo como tarea)