20091211

Axenda cultural para sábado e domingo

Sábado 12 de decembro ás 20 horas no Cine Teatro
EN CONCERTO
JEAN-MICHEL VEILLON
frauta traveseira
(BRETAÑA )
+ XEL PEREDA
guitarra
(Galiza)
ENTRADA DE BALDE
Domingo 13 , ás 20.30 horas no Hernán Naval
CÁNDIDO PAZÓ
PRESENTA
HISTORIAS TRICOLORES
Ou de como aqueles animaliños proclamaron a república
un espectáculo de narración escénica para teatro
Unha proposta unipersoal, a cabalo entre a narración e o teatro, que busca os seus antecedentes escénicos nas actuacións en solitario de Darío Fo e outros cultivadores da xograría da palabra.
Un traballo que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director teatral coa súa longa e recoñecida traxectoria como contador de historias.
Unha función tan directa, inmediata e de áxil recepción coma o monólogo cómico e o conto tabernario e tan coidada na posta en escena, luz e son coma unha montaxe teatral.
Prezo das entradas: Xeral, 4 €. Para persoas desempregadas, xubiladas e estudantes, 2 €.

1 comentario:

D. dixo...

Xel Pereda e asturiano! E o guitarrista dos Llan de Cubel