20091203

A banda ancha ven pola vía estreita

Achégase a banda ancha ás parroquias. Ou alomenos, preténdese que se achegue. Os cartos, da reserva da Biosfera do Eo e Terras de Burón. O método, a empresa privada.
Ata aquí, vale.
Que vai supor? Que puntos atrasados na implantación de acceso a internet se poñan ó día. Pero non que se poñan por diante. Non a gratuidade da que falaba hai pouco aquí en relación coa Guarda (Pontevedra). Si a subvención dunha empresa privada por un organismo público. Das condicións parece que se falará máis adiante.
Si se da un paso adiante: vese a necesidade da infrastrutura de comunicacións electrónicas.
Un dato máis: a idea parte, parece ser, da chegada do cable á Veiga. Estaba previsto para Ribadeo, por R, pero do que se fala é da chegada antes á Veiga. Será un erro? De calquera xeito, a empresa galega é unha das dúas consideradas (amplo espectro para elixir), sinal de que a chegada dela a Ribadeo non está lonxana a pesar de todo, e que a poboación terá pois unha posibilidade efectiva de elección no tema de subministro de telefonía fixa e internet, fora da rede de telefónica.
Pouco a pouco, vaise achegando a modernidade.

1 comentario:

Ángel de Olavide dixo...

Pouco a pouco, paco peco, pouco a pouco.

No se por que me ha venido a la mente esa aliteración infantil...

En mi barrio las autoridades prometieron el wifi gratis hace ya dos años. Todavia lo estamos esperando.

Por eso no me extraña que llegue antes a Vegadeo o a Ribadeo que a la plaza de Olavide. Por una vez no estaría mal...