20091222

Copenhague, non. Ribadeo, si

Despois da falta de acordo en Copenhague sobre o cambio climático (mellor, sobre o atallalo poñendo remedio ás causas), pequenos avances en medio ambiente botan un pouco de aire fresco sobre a nosa terra e posibilitan que miremos o futuro con algo máis de optimismo polas pequenas cousas que moitas veces fan empequenecer as grandes palabras. Un día despois de certificar que en Copenhague non se chegara a nada, aparece unha pequena nota de prensa do concello de Ribadeo certificando que o comportamento dos veciños mellorou nunha cousa tan pequena como a selección no lixo. Evidentemente, en diversas escalas, a diferencia entre o logrado en Ribadeo e o que se pretendía de Copenhague é de varios órdenes de magnitude, pero é un pasiño na boa dirección, e as grandes viaxes están feitas de pequenos avances.

1 comentario:

Im-Pulso dixo...

Coido que a cidadanía en xeral ten máis conciencia da necesidade de protexer o medio que os gobernantes e os empresarios.