O tema da ría é recurrente no blog. Por moitas razóns. Hoxe xúntanse varias delas, dende as que miran ó medio ata as que o fan respecto do nome , pero sempre relacionadas co mantemento dun ben que é de todos.
Este fin de semana non só había consultas en Cataluña polo tema da independencia, senón que tamén había consulta nas Figueiras polo aparcamento no parque do Pelamio. Mentras que en Cataluña a participación foi exigua, nas Figueiras votaron 260 de 705 veciños de tódalas idades, o que fai abondo máis do 50% dos maiores de idade. E deixaron clara a súa oposición ó aparcamento, esgrimindo razóns que afecta á ría. Que lles fagan caso é outra cousa diferente: a participación veciñal non só está en pañales en Galicia, senón tamén na zona de administración asturiana.
Tamén a conservación da ría de Ribadeo veraseo sábado deste fin de semana na Veiga de Ribadeo, con alias actual como Vegadeo, nunhas xornadas que non levan como nome Jornadas de la Ría de Ribadeo, nas que se divulgará sobre a fauna da ría e se fará un paseo por ela.
A ría ... que ría, preguntarán algúns, a de Ribambo? E é que mesmo Portos de Galicia na súa web, polo uso dos programas de Google, se suma á moda xa denunciada polo Tesón hai tempo, de que xa non sexa 'ría de Ribadeo', nin 'do Eo', senón 'río de Ribambo', como se pode ver na imaxe ampliable e na ligazón correspondente, ó igual que se pode apreciar xunto a Ribambo o nome de Obeso na imaxe no sitio de Ove. É dicir, non é xa que as autoridades non fagan moito polo tema, senón que esta entidade independente dependente da Xunta rema en sentido contrario, do xeito ó que xa nos tiña afeitos Touriño. Así pois, xa non é só que de as mareas de Ribadeo con referencia a outro porto, o de Burela, mentras segue sen ser posible realizar un estudo de mareas dentro da ría por xente de aquí, como houbo algún intento, senón que nesos detalles que afectan a Ribadeo parece que imos a paso de cangrexo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario