Cando en Ribadeo se fala da torre, estáse a falar da torre dos Moreno. Non porque non existan outras, senón porque non necesita calificativo a pesares de que o leve sempre.
É ese monumento o que leva longo tempo, toda a súa vida, arrastrando un defecto de construción: o uso de area de praia, logo salgada, para a fabricación do formigón que constitúe a súa base. Material novidoso hai un século, non se sabía tratar na zona e de aí os actuais problemas. Hai xa unha decea de anos se fixeron uns cinturóns nas columnas para tentar deter o desmoronamento da torre, pero se o interior se desfai e incha, entón os cintos saltan e en pouco tempo, aquí non se fixo nada.
Agora un técnico, José Calavera, ofreceuse para facer un estudo da situación, e así se fixo, cun resultado nada prometedor, pero co que hai que contar.
Dende hai longo tempo hai básicamente dous problemas para unha actuación na torre. O primeiro, a dispersión da propiedade, que a pesares de diversas adquisicións, non chega a ser pública nun 50%, o que dificulta o acordo comunitario, habida conta de que hai dificultade de localización dos propietarios. A segunda, os cartos que costa unha actuación en profundidade (e na actualidade ou é en profundidade ou sinxelamente non é)
Mentres, ó aspecto deplorable da Torre continúa, incrementándose o perigo de desmoronamento e accidente, cousa pouco novidosa, mesmo aínda que organizacións abondo alleas a Ribadeo amosaron a súa postura de apoio para a súa reparación.
O deterioro da Torre sae por calquera beira. Hai fotos soltas (mesmo no blog, no medio doutros temas) ou de xeito temático, visitas á torre como elemento turístico ou máis ben de referencia, avisos de precintado, puntos nos plenos adicados á situación, atención a detalles particulares, como o ascensor, estudos temáticos, referencias en enciclopedias, ... Os esforzos por deter o deterioro están aí, pero polo momento a solución, non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario