20091219

O manexo orzamentario dos veciños


Retorno ás novas do día 9 de decembro, e atópome que tiña sinalada e sen cubrir unha con título "Inversións por decreto veciñal". Así solto, o título non di moito, pois parece un novo rifirafe entre veciños e concello para forzar unha determinada inversión. Na realidade trátase dunha experiencia ferrolá de orzamento participativo, na que hai que recalcar que é só unha experiencia para dispor dunha parte pequena do orzamento municipal, 350 000 € en 60 000 000 €, pero tamén que dita experiencia non é unha consulta, senón un manexo real da decisión de intersión.
Sabía dalgún pobo pequeno por Andalucía que o facía (coido que Jun), aproveitando ademáis as novas tecnoloxías (algo que en Ferrol non se usa para o tema), e tamén cidades grandes no extranxeiro (Porto Alegre), pero en ningún caso en vilas achegadas.
A Ribadeo tamén chegará, o caso é cando.
A imaxe, unha porta ribadense (r/Antonio Otero), que serve como alegoría: o muro da participación sempre ten unha porta, e pode abrirse en calquera momento...

Ningún comentario: