20091206

Sen confusión, por favor

Onte deixaba no blog unha entrada que se titulaba 'por Porcillán, observando'. Comezaba a tratar sobre o C.N. de Ribadeo, pero, sen máis datos, cambiaba á observación de varias cousas na zona.
Hoxe, coas novas de prensa en pantalla e en papel (1, 2, 3), e sendo consciente de que non son socio do club, pero tamén de que o Club Náutico de Ribadeo é unha institución importante dentro do pobo, deixo só unha observación sobre a asamblea do venres e a marcha do club. Con luz, con claridade poden quedar as cousas claras (si, xa sei que é redundante, pero ás veces fai falta a redundancia) pero con insultos e acusacións sen aclarar, o que pode pasar é máis confusión. E a confusión en xeral só aproveita a quenes a crean.

Ningún comentario: