20091214

A situación sanitaria

... segue sen estar clara, e cada vez, menos.
É certo que a falta de información segue a brilar pola ausencia, e polo tanto, pode inducir a erro como toda falta de transparencia das administracións ou do que sexa. Pero parece cada vez máis claro que a constitución dunha plataforma sanitaria xa tivo os primeiros efectos: Unha retirada parcial de persoal anestesista realizouse en Monforte e non en Burela, ata o nacemento naquela zona dunha plataforma equivalente, momento no que a Consellería recuou en parte, voltando o persoal, pero non o instrumental ó hospital de Monforte, segundo diversas informacións.
O que a xestión se vaia máis lonxe parece abocar que as decisións tamén se vaian máis lonxe da realidade que por aquí existe, pero dadas as novas que se abren paso na prensa, quizáis non sexa o máis grave que nos afecta en tema sanitario en Galicia, non só na Mariña. A xestión privada de bens públicos ou o desmantelamento do público para deixar sitio ó privado, dúas caras dunha mesma moeda que xa teñen levado á sanidade madrileña a un estado pouco recomendable, é o que se está poñendo cada vez con máis forza sobre o tapete, ó diminuír as peonadas médicas (que non é cousa só de Burela) e aumentar os período de espera, ou ó poñer edificios públicos en mans privadas ou facer que esas mans privadas sexan as que realicen xa os edificios dende o comezo e a 'xestión pública' sexa só o pago de servizos (os que de xeito nautral pola xestión privada, alomenos levarán o recargo correspondente á ganancia do capital). Do último saen novas na actualidade, e do primeiro, máis difícil de demostrar pola maquillaxe que se pode facer nuns números que non son públicos ata que non os publica a adminsitración cando e como quere, a evidencia d emenor número d ehoras realizadas tarde ou cedo rematará saíndo a flote no aumento das listas de espera, que cando saian, será achacado ó smédicos e non á xestión. Apostades algo?

Ningún comentario: