20091226

Temos que voltar a aprender que podemos cambiar as cousas

O título corresponde a unha cita de Ingo Schulze en 'Le Monde Diplomatique en español', p. 11 do número de novembro de 2009, tomada do mesmo artigo no que se pode ler "Se os dirixentes se tornan máis tontos que os dirixidos, dirixímonos á catástrofe", citando a Elmar Faber e Gramsci.
"A crise alimentaria podería evitarse mediante outros modelos de sociedade". "A fame non é unha calamidade natural (...). En esencia, é o froito de opcións políticas inadecuadas". Son outras citas, debidas a Stéphanie Parmentier no mesmo exemplar e unhas cantas páxinas despois, a primeira delas citando a Olivier De Schutter.
Coido que si, que temos que reaprender que podemos cambiar as cousas...

Ningún comentario: