20091218

Transparencia

De novo, imprecacións, medios a través, para saír na foto. "Onte foi noticia"... e todo vale, ás veces para saír e figurar, ás veces para logar que non saquen a un nos papeis por temas que non quere.
Din que Suecia foi a pioneira en ter unha lei de acceso / dereito á información pública en Europa, no 1776. En España, Galicia é pioneira, cunha lei de 2006, pero resulta que non contempla dita lei ningún órgano de seguemento ou apelación, o que a convirte se non en papel mollado, si en papel mollable por quen se manexe nos vericuetos convintes.
En canto a España en conxunto, segundo parece imos camiño de que nos tomen menos o pelo. O título e subtítulo dun artigo no diario 'Público' desta fin de semana iluminan as cousas: "Unha lei asegurará ó ciudadán o control da xestión pública". "A norma de acceso a datos oficiais prohibirá negar información e eliminará o silencio administrativo". É de supor que enmendarán o erro da lei galega e farán posible un seguemento.
Máis traballo para a administración? Non, máis craridade para os administrados. E parece que dese xeito lógrase reducir boa parte das mafias arredor da política e a administración. De calquera xeito, estou seguro que a lei non fai milagres.

Ningún comentario: