20091227

Un artigo sobre sanidade: ¿Que pasa na sanidade pública da Mariña?

Pancho Campos Dorado

Desde o día oito de Outubro do 2009, constituíuse unha Plataforma Cidadá en Defensa da Área Sanitaria Norte da provincia de Lugo, esto é, da Área da Mariña en defensa do Hospital da Costa de Burela. Dita Plataforma confórmase con todo tipo de asociacións e organizacións veciñais, culturais, deportivas, etc., así como, alcaldías, partidos políticos e organizacións sindicais da Mariña que quixeron integrarse. Quedou, por tanto, constituída unha Plataforma, moi sólida nos seus principios. Na segunda reunión noméanse a uns membros portavoces, para que vaian explicando polos Concellos da Mariña, o por qué das inquedancias que levantou a Administración Sanitaria da Xunta de Galiza, debido a comentarios que alguns dos seus membros fixeron nos medios de comunicación.
O día 14 de Outubro mándanse cartas o Ilmo. Sr. Presidente da Xunta, a Consellería de Sanidade e o Xerente do SERGAS, para que envíen por escrito o que de viva voz se dixo nos medios, xa que a preocupación da Plataforma era e é, o cambio da Xerencia Económica de Burela para Lugo, creándo unha Xerencia Única para toda a provincia. Esto, que é o cabalo de batalla da Plataforma, creemos que é totalmente nefasto para o Hospital da Costa, e polo tanto para todos os cidadáns mariñanos que nos beneficiamos dos servizos de un bon hospital en Burela.
Pois ben. A Conselleira de Sanidade, Sra. Dª Pilar Farjas Abadía, envía un escrito a Plataforma Área Sanitaria Norte con fecha de 16-novembro-2009, en constestación a carta remitida pola Plataforma, na que dice: “o noso proxecto non inclúe a modificación do mapa sanitario... que o Hospital de Burela non só será a referencia sanitaria da Mariña, senón que se reforzará tanto en servizos como en especialización e autonomía, para ser un hospital mellor e máis completo do que é hoxe. Investimos nel porque cremos no hospital de Burela. Porque foi un goberno do Partido Popular quen o creou e será un goberno do Partido Popular quen potencie o hospital de Burela”.
Aquí hai que aclarar que en 1986 cando se inaugura o Hospital, non poido o PP crear nada, pois non existía, así que esta última parte, sobra, e si unha carta oficial ten párrafos falsos e está redactada coa máis pura demagoxia política, calquera representación cidadana xa ten bastante para sospeitar de todo o seu contido. Pois a Plataforma Área Sanitaria Norte non ten carácter político, e sempre o deixamos moi claro os membros que a representamos, pois cremos que tanto enferman os cidadáns de esquerdas, de dereitas, do centro ou os que lles importa un pimento o cor da política. Esto é unha cuestión cidadana, unha cuestión de usuários, e non de reivindicacións laborales que teñen outros cáuces e métodos de protesta.
Cando nos dicen que nas reformas “non se inclúe a modificación do mapa sanitario”, creémolo a “pie juntillas” pois este concepto territorial que afecta a catorce Concellos da Área Sanitaria de Burela, sabemos que de ningunha maneira se pode mover, pois aínda contratando a tódalas paleadoras das empresas de autopistas para aterrar a Mariña para Lugo, non creo que sexan capaces de facelo en este século. Pero a influencia do Hospital da Costa de Burela, sí pode cambiar si se lle saca a Xerencia Propia por unha Xerencia Única centralizada en Lugo.
Vexamos. Cando nos dicen: “queremos que tódolos galegos, vivan onde vivan, teñan uns servizos sanitarios de calidade, accesibles e que melloren día a día”, aquí na Mariña xa temos todo esto de calidade e accesible, polo que non hai nada de novo, e a Conselleira só lle pedímos que cumpla coa coletilla final “que melloren día a día”, o que dudamos moitísimo, xa que non responde as preguntas da Plataforma e de diversos colectivos, de si se vai manter ou non a Xerencia de Burela, pois centralizala en Lugo, será nefasto para o bon funcionamento do Hospital da Costa de Burela, pois a toma de decisións e os recursos materiais e humanos, serán cambiados a favor das prioridades de Lugo coa Xestión central.
¿Por qué pensamos esto?. Pois ben. Están para abrir en Lugo un hospital novo que según nos dicen, vai a ser un hospital dos millores de Europa (o cal non poñemos en duda), e que contará con unha dotación de varios centos de profesionais especializados, os cuales a día de hoxe non existen ou non están libres e disponibles en toda Galiza, polo que se recurrirá a acadalos dos hospitales orbitales, como é Burela ou Monforte. E cando leven a un profesional de Burela, para traballar en Lugo, os cidadáns da Mariña, teremos que trasladarnos a Lugo, ¿en que especialidades?... a día de hoxe non se sabe... pero sin duda na que faga falta en Lugo, e esto sí será en detrimento para o poder adquisitivo do cidadán da Mariña, que perderá os dereitos que ten desde fai pouco máis de 20 anos, e que a Plataforma tampouco quere perdelos en aras de non se sabe ben que “aforro do erario público”.
Como exemplos da nosa inquedancia, podemos citar:
1) Fai pouco trasladóuse de Monforte por uns días un anestesista para Lugo, con todo o seu equipo de anestesia, esto é botellas, monitores, etc. Esto, parecerá unha tontería, pero é simple e llanamente, un ataque na línea de flotación do traballo en quirófanos, pois ¿qué nos importa que teñamos o millor ciruxano no quirófano, sinón ten as condicións e ferramentas esenciales para traballar? E concadenado a esto... si o ciruxano non pode traballar en Monforte ou en Burela...¿que fai aquí? haberá que levalo a donde poida traballar... si non hai ciruxanos... ¿para que queremos quirófanos?.... etc. etc.
2) En Burela hai catro quirofanos grandes e dous pequenos... e por razós completamente alleas o sentir de esta Plataforma Cidadá, non están a traballar polas tardes, e esto crea listas de espera cada vez máis longas, non só na gran ciruxía, senón tamen na ciruxía de ambulatorio.
3) As listas de espera en Burela, desde o cambio de Goberno na Xunta, multiplicáronse sabe Deus por canto, máis de dez veces según expertos profesionais do asunto. Esto trae unha masificación na espera tan sumamente grande, que despois de levar un tempo, si a un paciente lle propoñen solucionar a súa doenza en un hospital privado ou concertado, a xente xeralmente acepta, aínda que gaste tódolos seus aforros, e é desviada de forma alarmante, do Público para o Privado ¡e a esto, desde logo, non se lle pode chamar: magnífica xestión, como nos pretenden dar a entender para o aforro dos bienes do erario público... nin do cidadán galego, esto é simplemente, que por parte da Xunta apostan por un cambio de rumbo hacia a privatización da Sanidade Pública. ¡E non fai falta ser moi listo para ver esto!
4) O Deputado D. José Manuel Balseiro, mándonos carta certificada que recibimos con fecha de 10-novembro-2009 a AVV O Tesón de Ribadeo (supoño que o igual que a tódalas AAVV que se solidarizaron coa Plataforma), na que nos dice que: “a Consellería de Sanidade confirma non xa o mantemento da área sanitaria da Mariña lucense, senón tamén que o Hospital da Costa seguirá a ser referencia sanitaria da nosa comarca. No mesmo escrito (reférese o escrito adxunto da resposta Nº9315 do Parlamento de Galicia, 2-nov-2009) os novos responsables da Xunta asumen o compromiso de reforzar o centro hospitalario de Burela, tanto en servizos como en especialización e autonomía”... e remata decíndonos: “Desexo saiba comprender o importante que dar a coñecer neses actos informativos (os da Plataforma Sanitaria) a posición oficial da Xunta a este respecto”.
Nos apartados 2)e 3) queda claro o “reforzo de servizos e a autonomía” que se está levando a cabo no Hospital de Burela. Por outra banda, calquera que entre nas páxinas do Hospital de Burela, pode ver a nova denominación: “Xunta de Galicia Consellería de Sanidade Servicio Galego de Saude – Hospital Comarcal da Costa”. ¿Saben na Consellería que o Hospital da Costa e da Mariña, e non Comarcal? ¿como se pode decir que: “asumen o compromiso de reforzar o centro hospitalario” e a continuación ignoran que a Mariña está composta por tres comarcas, Occidental, Central e Oriental, e que de un só plumazo o Hospital lle reduciron a categoría a terceria-ava expresión? ¿ou será que por estas “nimias” sutilezas Administrativas os compoñentes da Plataforma nos alporizamos sen motivo?
Resumindo. Dámonos conta de que desde a Plataforma, de momento, non chegamos a nosa cidadanía mariñana, para comunicarlles en vivo e en directo os nosos temores fundamentados do que está a ocurrir. A cantidade de xente que acudíu as nosas charlas foi moi pequena, incluso escasísima para o que se está a xugar, pois nós só pretendemos dar a coñecer que 72.000 cartillas de Seguro dos mariñanos, son un bocado moi apetecible, para moita xente, sociedades, entidades, etc. que pretende repartir tarta tan esquisita, para bienes espúreos que nada teñen que ver con noso bienestar mariñano. Pero aquel que espere que se lle van a solucionar os problemas sen arrimar o hombro, en este caso está equivocado. O apoio cidadan mariñano é imprescindible para seguir mantendo, polo menos o que xa temos, sen perder nin un milímetro do gañado. Creo que para nós era imprescincible que estas inquedanzas, quedaran por escrito nos medios de comunicación, pois cando a cidadanía empece a lamentarse... con aquelo de que “eu non sabía...”, “o cabo non me dixo...” como decíamos na “mili”... ¡será tarde...! e os lamentos haberá que levalos a Lugo.... Agora empeza o Nadal, Fin de Ano, Reis...así que, Boas e Sanas Festas, vos desexamos a todos... pero recordar tamén, que logo será Carnaval...

Ningún comentario: