20100124

1800 €, 3/4 de entrada

Ise foi o resultado do concerto en favor de Haití.
O listado de obras e as verbas de Suso López:
Libertango - A.Piazzolla, interpretada polo Grupo de profesoras/es da EMMeD de Ribadeo
Casiñas brancas (habaneira de Ribadeo) - Tradicional, por 'Moitas máis que dúas piano ensemble'
Halo - Beyoncé, polo Grupo de Danza da EMMeD de Ribadeo
Divertimento KV 213 (1º mov) -W.A.Mozart, polos Chiripitifláuticos
Cançao (tradic. brasileira) e El cachimbo (tradic. chilena), polo Grupo de guitarras da EMMeD de Ribadeo
My way (Frank Sinatra) e A grande evasión (E. Bernstein), por Os Clarinotas
What a wonderful world - George David Weiss e George Douglas, polo grupo de metais da EMMeD de Ribadeo
The Batman theme (Danny Elfman) e Dinamita (A.Amigo), pola Agrupación instrumental da EMMeD de Ribadeo
Can't help falling in love (con arranxo de George D. Weiss), polo Grupo de profesoras/es da EMMeD de Ribadeo
... no díptico:
En ningunha das programacións didácticas das materias que se imaprten durante este curso 2009-2010 na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo aparece a palabra Haití. Tampouco o facía, por desgraza, no noso día a día até que na tarde-noite do pasado martes a forza da natureza colocaba a un dos paises máis pobres do mundo (8 de cada 10 haitianos/as viven na pobreza) nas portadas de xornais e nos minutos d emáxima audiencia dos informativos. Aí leva dez días, algo curioso e chamativo nunha sociedade que gusta das noticias de consumo rápido e "descafeinado".
Haití era un descoñecido. Os seus nove millóns de mulleres e homes, nenas e nenos, a súa miseria diaria, o soño frustrado de ser o primeiro país independente de América Latina e outras moitas das súas características pasaron desapercibidas para nós até que dende a pasada semana unha marea de solidariedade anega o mundo. Fondos chegados de ducias de gobernos e institucións e aportación individuais que se canalizan a través das ONG's tratan de salvar vidas, de recuperar corpos de entre os cascallos e de restablecer a "normalidade" tanto en Porto Pŕincipe, ca capital, coma no resto de localidades do país.
Con actitudes coma estas, mobilizándonos só cando aparecen as máis duras catástrofes, demostramos que o ser humano é hipócrita por natureza. Pero cando esa hipocresía se canaliza a través da música cobra outra dimensión: a da esperanza. Este concerto ponse en marcha conscientes da hipocresía anterior pero coa confianza de que os acordes qu ehoxe van escoitar no Auditorio Municipal Hernán Naval resoen máis aló deste 22 de xaneiro. Que a solirariedade que esta noite nos moveu para estar aquí permaneza viva cando Haití desapareza dos titulares dos xornais e dos informativos da televisión que fique no noso recordo o seu sufrimento diario e do tantas e tantos outros noutros recunchos disto que chamamos mundo. Suso López.
Sobre Haití.

Ningún comentario: