Un folio na porta dunha igrexa, un avance social? Porque iso foi o que vin esta mañá na igrexa de Piñeira. ¿? Se o folio se refire á dación de contas da última festa da parroquia, significa que o domingo será de dominio público a información publicitada, información da que disporán tódolos veciños. É ou non un avance? Coido que nos tempos que corren si o é, a pesares de non ser a primeira vez (nin moito menos) que se produce algo semellante. Non me estou a referir a unha cousa concreta. Podería ser o balance das festas, como en Piñeira, pero tamén moitas outras informacións ás que o pobo debera ter acceso inmediato. Por exemplo, as actas dos plenos, non actualizadas na web do concello dende agosto, ou o calendario para este ano presente, tendo conta que xa houbo un primeiro intento e na web do concello aparece o calendario laboral ... para o 2008.
Ningún comentario:
Publicar un comentario