20100122

As obras do plan E 2010

Remato de recollelo da páxina do concello (as ligazóns que aparecen e o comentario final son meus):

SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE 851.000 EUROS
Obras do plan E 2010
22/01/2010
A xunta de voceiros aprobou por unanimidade os 10 proxectos que se realizarán nos vindeiros meses con cargo ao plan E 2010. Esas obras serán ratificadas na xunta de goberno prevista para o vindeiro luns 25 de xaneiro.
O alcalde de Ribadeo sinalou que "nesa xunta de voceiros consensuamos os proxectos, as obras, as inversións que o Concello de Ribadeo realizará con cargo a este plan E 2010. Os técnicos alí presentes explicáronnos a todos os portavoces cómo fixeron para adaptar todas as propostas consensuadas ao diñeiro dispoñible. Houbo que facer algunha modificación ou algunha obra que non puido entrar e quedamos por unanimidade en deixalas para a seguinte remesa de diñeiro público que poida vir para este efecto, serán as primeiras prioridades para a no ano seguinte". Fernando Suárez engadiu que "en todo caso agora que aprobamos por unanimidade estas propostas serán ratificadas nunha xunta de goberno prevista para o vindeiro luns e a partires de aí enviaremos toda a documentación e todas as solicitudes formales á Subdelegación de Goberno para seguir coa tramitación e empezar a contratar as obras".
O plan E 2010 destiña a Ribadeo 1.065.000 euros, dos que arredor de 851.000 van para eses dez proxectos e 213.000 euros serán para a financiación de gasto corrente. A relación de obras do plan estatal para o emprego 2010 é a seguinte: reforma interior e eliminación de barreiras arquitectónicas na Casa do Concello de Ribadeo (104.484,97 euros); ampliación da rede de saneamento municipal desde a zona de Igrexa ata o colector existente en Piñeira (80.065,35 euros); conexión da rede de saneamento do parque empresarial de Ribadeo á rede de saneamento municipal (163.000 €); construcción da nova depuradora de augas residuais no lugar de Vilela (60.000 €); instalación de grupo electróxeno no Hospital Asilo de Ribadeo (20.000 €); reforma interior e eliminación de barreiras arquitectónicas na antiga oficina de turismo de Ribadeo (30.000 €); mellora e substitución do alumeado público das rúas: Avenida de Galicia, José Vicente Pérez Martínez e Avenida de Asturias (175.000 €); obras de adecuación interior dos vestiarios do campo de fútbol municipal (83.000 euros); obras de recuperación no parque de San Francisco (50.000 euros) e mellora das zonas transitadas por peóns nas áreas recreativas de Santalla e Vilaselán (86.254,67 euros).

Como foi indicado na Mesa de Asociacións, un conxunto máis de accións que non contan cos veciños máis aló do anuncio a posteriori, unha volta posta de acordo os grupos políticos do concello. E un conxunto de accións nas que un investimento pensado en boa parte para potenciar a competitividade se usa para obras das tradicionais.
Algunhas ligazóns do plan E en Ribadeo:
Plan E 2009; (2, 3, 4, 5)
Plan E 2010; (2)

1 comentario:

Yo escribo dixo...

PLAN E: COMIDA PARA HOXE E FAME PARA MAÑÁ.

Con ese diñeiro podíase fomentar a creación de novas empresas. Facilitar a instalación de empresas extranxeiras (disminuindo os impostos que teñen que pagar). Podíase aumentar o investimento en I+D, unha das principais vías para o desenvolvemento dun país e unha das principais vías para cambiar o modelo productivo.

Mentras sigamos con políticas como o Plan E, España seguirá enfrascada en esta dramática e preocupante situación económica.