20100105

Concerto da BMR

Antonte, domingo día 3, tivo lugar o concerto 'Aquí como en Viena' deste ano. Teño gravadas as tres últimas (están no dominio público), e son accesibles ó final, se ben as gravacións non están moi ben tomadas. Deixo asemade ligazóns a youtube no listado de cada unha das obras...
O concerto, en dúas partes, tivo como programa:
We are the world - Michael Jackson
O Rei León - Elton John / Hans Zimmer
Virginia - Jacob de Haan
Ammerland - Jacob de Haan
Danza Húngara nº 5 - Johannes Brahms
Valse Lírico - D. Shostakovich
Marcha Radetzky - Johann Strauss
Esta repitiuse, sendo dirixida a primeira vez por unha espectadora, Alicia Sarmiento.
Como é tradicional, o traxe dos músicos foi algo informal, e a presentación correu a cargo de Suso, que tamén tocou (e non sei se asinou algún autógrafo...)
As primieras obras foron acompañadas de proxección de vídeo ou presentación, sen luz no esceario, que foi suplida por linterniñas individuais de leds nos atrís.
Decididamente, prefiro os concertos da banda ás asambleas de amadores, por iso procurarei repetir unha idea á directiva: por que non un concerto despois da asamblea? Seguro que iría máis xente.
E un detalle que me lembrou a Hernán porque coido que foi unha iniciativa del que se segue a transmiter ano tras ano no calendario de agasallo de amadores: o 'GZ' despois de Ribadeo no enderezo de Amadores.
Valse Lírico

Danza Húngara nº 5

Marcha Radetzky, dirixida por Alicia Sarmiento

Marcha Radetzky, dirixida por David Ballester

Ningún comentario: