Mentres que as bicicletas de Ribadeo están infrautilizadas e non promocionadas, 15 concellos galegos dispoñen xa dun sistema de arrendamento de bicis para os veciños. Mentras que en diversos lugares particulares e asociacións pedimos que se vaia instaurando o carril bici, as novas rúas humanizadas non son bicicleadas. Un apunte positivo neste panorama: un lugar para aparcamento de bicis no comezo da r/Calvo Sotelo, instalado hai non moito, únese ó que xa había nalgún centro educativo e ós 'postos de aluguer' sen usar.
Agora o alcalde parece que 'trae de Madrid' cartos a conta da Reserva da Biosfera. Potenciará este aspecto para 'humanizar a biosfera'?
Un engadido: remato de ver que existe un plan en Galicia para debuxar un mapa con vías alternativas. Poderemos dicir iso de 'por algo se comeza'?
Ningún comentario:
Publicar un comentario