20100128
Do tempo
De novo, críticas ós meteorólogos sobre a previsión do tempo. Aparecen polas últimas choivas a fin de semana. Pero xa van sendo unha crítica periódica, ben polos hostaleiros, polos políticos ou por quen toque no momento.
Aquí xa teño deixado algunha vez a comparación entre as previsións de meteogalicia e o instituto meteorolóxico nacional, e como toda previsión, ver que soe haber diferencias; ás veces, maiores, ás veces, prácticamente nulas.
As comparacións, cando as pode facer un mesmo vense mellor. Deixo tres ligazóns para hoxe pero tamén para calquera outro día:
http://www.tutiempo.net/Tiempo-Ribadeo-E27500.html, a ligazón da beira
http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/localidades/ribadeo-27500, da axencia española de meteoroloxía
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action# , de meteogalicia (aquí, hai que sinalar despois Ribadeo)
Parta hoxe en concreto, as prediccións de máxima e mínima son abondo achegadas nos tres casos, entre 12 e 3 ou 11-4ºC, pero para mañá xa se apartan un pouquiño máis: 12-8, 12-7 e 10-8ºC. Efecto quizáis de que as previsións son menos exactas cando nos apartamos da data que estamos a prever, ou de diferentes datos e sistemas de previsión. Así, por exemplo, nas dúas estacións meteorolóxicas de Ribadeo, na de Pedro Murias, agora mesmo hai unha temperatura de 2,8ºC, e na do IES Porta da Auga, de 5,7ºC, unha diferencia apreciable.
O mesmo tratamento se podería ver no vento, sendo unha cousa máis variable que a temperatura, e que polo tanto pode inducir un erro maior, e asemade coas outras variables meteorolóxicas.
Polo momento, quedamos cunha nova vaga de frío, e as montañas que se ven cara ó fondo da ría, cara ós Oscos, nevadas (aínda que a foto foi da nevada anterior, non desta)
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
Medio,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
... Por un fallo informático no IES, a temperatura real no momento indicado no IES non era esa, senón menor. Deixo o comentario como dato, non polo feito de que a variación da temperatura nese momento poidera desvirtuar o que se di no artigo, que segue a ser válido.
Publicar un comentario