20100122

Falando da ría e da súa consideración futura

Onte foi inaugurado o centro de interpretación da ría, en Castropol. É de esperar que de aí xurda unha mellor comprensión do que a ría significa, e que redunde nunha mellor consideración e máis coidado no seu trato. Ademáis, houbo verbas relacionada co tratado na última xuntanza polo momento da Mesa de Asociacións, pois insinuouse a posibilidade de poñer bicicletas eléctricas a disposición dos visitantes para o recorrido da reserva, en consoancia coa petición de dinamización das bicis xa existentes en Ribadeo coa marcación de carrís, e non só cara ó camiño da costa, senón sobre todo no interior de Ribadeo. Mentras, por cuestións de política, vemos como de novo non se usa na parte asturiana o nome de ría de Ribadeo, nun novo episodio da caza e derribo que se leva adiante dende hai uns cantos anos. Na parte asturiana, si, pero tamén polos representantes galegos que asistiron, segundo deixa refrexado a Voz. O do nome tamén foi algo que se tratou na xuntanza da Mesa de Asociacións... En ambos casos, agora tócalle actuar ó concello.

Ningún comentario: