Remato de enviar a seguinte nota de prensa:
Nota de prensa
A raíz dunha noticia publicada sobre a denuncia interposta por min sobre Balbino Pérez Vacas, quero aclarar o seguinte:
A denuncia cursada é por non tramitación de expedientes despois de actuacións diversas das forzas de orden público en relación ó ruído causado por diversos locais.
Os expedientes correspondentes foron pedidos e denegados, reiterando logo a petición xudicialmente e sendo obrigado o concello a entregalos, xa ben entrado o mandato seguinte ó de Pérez Vacas. A entrega realizada polo concello constou dun único papel, onde se di que non hai constancia no concello de ningún trámite dos expedientes pedidos. Foi isto último o que desencadeou a decisión, meditada e tomada despois de tentar falar coa outra parte o mércores 20 de maio do pasado ano.
Ata aquí, os feitos. Outras cousas que se din nos xornais non están relacionadas direitamente coa denuncia, aínda que se trate de temas sobre ruído, e polo tanto, deben de ser referidas a parte. Así, é certo que houbo algunha xuntanza sobre ruídos no seu mandato, como unha no salón de plenos da que non se quixo tomar acta a pesares de ser pedido, e que se tentou facer algún amaño. A comunicación dos amaños por facer nos locais tamén foi pedida e ata agora non subministrada. Sei que algún amaño si se fixo, pero da unha indicación do verdadeiramente feito que algún local segue sen saída de emerxencia, por exemplo.
Sen querer entrar en máis polémica, pois por algo está a causa no xulgado, cabe dicir entre outras moitas cousas que tanto antes como no período do mandato de Pérez Vacas foron presentados diversos escritos, dos que teño copia, nos que a miña sinatura en relación co ruído ía acompañada doutras moitas doutros veciños, ou que o tema de ruído, a pesares da baixada da movida en Ribadeo, segue sen resolverse como se puido ver no detalle de que mentras en Burela houbo polémica polo peche de locais ás 8 da mañá do primeiro de ano, aquí houbo locais que apagaron a música e cerraron cando se cansaron os donos, despois do mediodía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario