20100122
Obras para unir e separar Institutos
A nova de que foron 60 as empresas que se presentaron para realizar as obras no actual IES Dionisio Gamallo Fierros deixa un pouco pensando o por que de tantas empresas. Hai que lembrar que, sen construír pabellóns como neste caso, as obras do cuartel da Guardia Civil viñan publicitadas na prensa por máis dos 2,25M€, e as obras que na actualidade e dende hai uns anos están paradas no actual CIFP Porta da Auga (o de F.P., non o IES Porta da Auga que se fundirá co Gamallo para dar un novo centro que ocupará o que é actual Gamallo e as obras previstas) non tiñan aparentemente un orzamento tan favorable, e non obstante non recibiron tantas ofertas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario