20100116

Pleno o luns

De novo nos enteramos a cidadanía da existencia dun pleno por un punto concreto que sae na prensa. Neste caso, arredor da recuperación de nichos por parte do concello (a lembrar que os lugares no cemiterio son de propiedade municipal, sendo cedidos por arrendamento de pago único a 99 anos, o máximo permitido pola lei sen ceder dereitos de propiedade, ós que se soe chamar 'propietarios', pero que non o son) ante a que din saturación do cemiterio. Eu non vexo polo momento tal saturación, pero supoño que o concello terá previsións (que, nese caso, debera facer públicas).
De calquera xeito, a cuestión non é o punto concreto do cemiterio, senón a escasa difusión da convocatoria do pleno, que tiña a esperanza que por esta vez aparecera na web do concello cos puntos a tratar. De aí a importancia de seguir insistindo no mantemento de relacións entre as asociacións e o concello, para tentar aproximar a xestión ós xestionados, estando nestes momentos reunida a Mesa de Asociacións co alcalde.

Ningún comentario: