Escolma de frases de Tempos novos, nun debate con participación de Xaime Subiela (moderador); Rafael Martínez Castro, profesor de Filosofía na USC; María Bastida, profesora de Empresas na USC e membro do Consello de Administración da CRTVG; Antonio López, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia; e Xosé Manuel Sabucedo, profesor de psicoloxía social da USC.
"O suxeito da corrupción non son os políticos nin os empresarios. É a cidadanía. É a cidadanía a que reclama, vota, apoia e quere políticos que teñen prezo accesible, porque non confía nin confiou nunca na norma. Canto máis nos acerquemos á administación municipal ou autonómica, o problema agrávase".
"Se a corrupción sae gratis, seguirase cometendo"
"Din que distintos pensadores (...) que a peor corrupción é a da élite dominante, a do creador do opinión. Porque eses creadores de opinión transmiten a sensación de que o que non é corrupto é parvo"
"A estratexia para superar os niveis de corrupción sería que esta non compensara, que compensara a norma"
"O problema deste e doutros países non son as normas senón o seu cumprimento"
"Unha das posibles solucións fronte a corrupción é a transparencia"
"En última instancia o auténtico control é a sanción social"
"O cidadán que fai a súa declaración de impostos correctamente pode ter unha razoable satisfacción moral, que se traduza en que se converta nun cidadán máis esixente con respecto ao que se paga con eses impostos"
"(...) coido necesario identificar e polo tanto denunciar como prácticas corruptas moitos comportamentos que até o de agora na poboación se teñen como habituais"
"Hai unha cesión da soberanía das decisións a gobernos que están no oculto, que se expresan como xestión dos intereses de grandes corporacións, lobbies e grupos de presión"
"(...) non vale a moral do vespino, non pode haber unha serie de cidadáns que, dotándose de determinados vehículos, poidan transixir todas as normas do código da circulación"
"Pensar que a corrupción non ten saída paréceme preocupante porque entra no xogo dos corruptores. Os corruptores están interesados en dicir que o público non funciona"
Ningún comentario:
Publicar un comentario