20100105

Sobre Galicia? Parte dunha entrevista.

"- Esa diversidade pode ser un impedimento para a integración?
- Coido que non. Toda unidade fundada na unanimidade é unha falsa unidade que non ten destino. A única unidade digna de fe é a unidade que existe na diversidade e na contradición das súas partes. Hai unha triste herdanza do estalinismo e iso que chamaron socialismo real ao longo do século XX que traizoou a esperanza de millóns de persoas xustamente porque impuxo ese criterio, o de que a unidade é a unanimidade. Confundiuse así a política coa relixión. Aplicáronse criterios que eran habituais nos tempos da Santa Inquisición, cando toda diverxencia era unha herexía digna de castigo. Iso é unha negación da vida. É unha especie de cegueira que te impide moverte porque o motor da historia humana é a contradición.
(...) o problema é a tentación dunha palabra abominable: o liderado. Todos os países atribúense a intención de exercelo e isto xera relacións contaminadas pola orde xerárquica que nega a igualdade de dereitos. Eu non quero que ninguén sexa o meu líder. Non quero mandar nin ser mandado. Non nacín para obedecer. Nacín para exercer a miña liberdade de conciencia. Non podo aceptar a idea de que entre as persoas ou entre os países haxa condutores ou conducidos. Hai que ir cara a unha sociedade de veras libre."

Non, non é sobre Galicia, é referido a América Latina, tomado dunha entrevista ó autor de 'As veas abertas de América latina', Eduardo Galeano, que pode verse en 'Rebelión'. Pero, faría falta cambiar tanto para aplicalo a outros lugares?

Ningún comentario: