20100124

Visto hoxe en Ribadeo


Un pequeno paseo perto da ría da moito de si (xa non se pode dicir a carón da ría, que en boa parte do recorrido non queda á beira do camiño):
A primeira, as novas escaleiras de baixada a Cabanela dende a Atalaia, aínda en obras, infrastrutura que facía falta remozar, ó contrario do ascensor.
A segunda, unha árbore decorada con botes de bebidas, baixando a Mirasol, nunha estampa que parece lembrar o Nadal.
A terceira, unha porta na valla de Mirasol, cerrada que eu saiba dende que se fixo a reforma nese lugar (xa foi reformada aí a valla), e agora aberta (tampouco sei o por que)
E por último desta selección (hai outras fotos que sairán máis adiante a conto doutros temas), un grupo de bañistas con neopreno no entorno das escaleiras dos bloques. Para ser a media mañá dun día no que os termómetros marcaban 10ºC, non está mal ...



Ningún comentario: