20100209

N 640


Hai poucos días despisteime: en troques de coller para Lugo pola autovía , o Val de Lourenzá e Bretoña, collín pola Pontenova, camiño tradicional. Arrepentínme. A estrada segue a estar en malas condicións, e a recollida de sinaturas que se realiza na Pontenova debera de estar apoiada dende Ribadeo. Se isto non se normaliza pronto, estarao, a bo seguro.
Na foto, cunha semana de retraso sobre a súa toma, a remoción de terra nun dos ocos para árbores da rúa peonil, para facilitar a nova plantación e evitar que a gomose siga nas raíces das árbores plantados con anterioridade e poda facer enfermar os seguintes (aínda que é de prever que sexan máis resistentes que os retirados).

5 comentarios:

pancho dixo...

En Ribadeo cóllense sinaturas para que fagan canto antes a carretera N 640 desde fai uns 15 días, na Cafetería Madison na Avda. de Asturias.

Yo escribo dixo...

¿E está en meior estado a estrada N-634 que pasa por Ribadeo-Barreiros-Lourenzá-Mondoñedo-Abandín....?

Esta estrada ó seu paso polos concellos de Barreiros (na zona de A Maradona), Lourenzá e Mondoñedo está en moi mal estado, continuamente hai que andar esquivando os profundos baches. E creo que isto vai para moi tempo.

agremon dixo...

Certo que está en mal estado, e con obras da autovía. De calquera xeito, en relación á que sube pola Pontenova, gánalle esta con moito.

Yo escribo dixo...

¿En tan mal estado está a que sube por a Pontenova? Fai tempo que non paso por ela, pero o trozo Pontenova-Meira estaba en bo estado, antes polo menos.

agremon dixo...

Eu pola 640 últimamente só vou 'de proba' para ver cando podo deixar de ir a Lugo por Bretoña.