Relacionado co artigo "Nova xuntanza da Mesa de Asociacións de Ribadeo", deixo un artigo de Evaristo Lombardero Rico na Comarca desta semana pasada:
"O pasado 15 de xaneira celebrouse unha xuntanza da Mesa de Asociacións Veciñais co sr. alcalde e mais o concellal d. Horacio Cupeiro. La Comarca del Eo xa deu conta deste o pasado sábado. Quen esto asina tamén partícipou na xuntanza e vou dar a miña versión dalgún dos temas alí tratados.
En prímeiro lugar, compre suliñar que durou unhas tres horas e o sr. alcalde utilizou o seu dereito á palabra durante dúas horas e 15 minutos, máis 15 minutos de Horacio Cupeiro, o que fai un total do 83% do tempo para dúas persoas. As vinte persoas restantes tivemos que repartirnos 30 minutos, ou sexa, 1,5 minutos por cabeza. Un exemplo de equidade e un modelo de participación cidadá. Polo demais, nas intervencións dos membros da corporación mesmo semellaba que estaban nun mitin electoral que nunha xuntanza para comentar problemas concretos con persoas afectadas.
No punto da Reserva da Biosfera preguntei por un cartel que hai no recheo da escollera, perto da Confraría, onde se anuncia o río Eo. Comentei que o río Eo desemboca e en Porto, a cinco millas marinas da escolleira, que a Comisión Especializada en Nomes Xeográficos do Consello Superior Xeográfico acordou o día 12.3.08 que o único nome oficial da ría é Ría de Ribadeo, que os seus acordos son de obrigado cumprimento para toda a Administración e que o gobernó do sr. Areces está empeñado en suprimir do nomenclátor a denominación oficial.
Resposa do sr. alcalde (rnoi resumida): "Eu non podo intervir no que faga o Concello de Castropol". Conclusión: ese cartel púxoo o Concello de Castropol. Aínda máis, o sr. alcalde insistu en que el non pensaba facer nada por este asunto.
Tendido de Alta Tensión e Subestación Eléctrica: O Sr. alcalde botou unha parrafada sobre os trámites deste proxecto que non nos explicou porque non se publica o tendido da línea de alta tensión e como se vai resolver o problema do seu soterramento, que non se pode ver desde ningún punto do Camiño, (sic).
Centro de Alzhéimer: O día 19 de novembro presentei un escrito no Concello pedindo información sobre este asunto. Era unha nota moi breve preguntando se no Concello había un documento ou un anteproxecto sobre este tema e se me podían facilitar unha copia do convenio co Obispado de Mondoñedo.
Resposta (moi resumida): "A Asociación que vostede representa non figura no rexistro de asociacións deste Concello". A Plataforma pola Defensa da Ría está legalizada desde 1994 e así consta nos organismos competentes. Sacar este asunto no medio dun debate é como negar ou recortar o noso dereito de expresión. Pero dase a casualidade de que a Mesa de Asociacións non está legalizada en ningures, e o sr. alcalde negociou esta xuntanza cun representante da mesa de asociacións que tampouco figura en ningún rexistro do mundo mundial. Polo demais, o Concello non ten ningún documento ou anteproxecto do centro de Alzhéimer, dos seus obxectivos, do tipo de doenzas que poden ser atendidas, do grade de dependencia... Tampouco se explicou como se vai coordinar e os servicios sociais existentes. Parece ser que existe unha carpeta que podería ser algo así como un proxecto técnico, pero eu non a vin, preguntei se era un documento público e o alcalde dixo que non o sabía.
Respecto do convenio co Obispado de Mondñedo, o sr. alcalde respostou que no Concello non o tiñan porque foi un documento asinado pola antiga Vicepresidencia do Gobernó da Xunta. Sin comentarios.
Respecto do Xuzgado, o sr. alcalde declarou que estaba farto oeste tema e que non pensaba facer nada máis por este obxectivo, e si querían as asociacións podían convocar unha manifestación.
Como dixen, a xuntanza foi moi longa e rnoi difícil de resumir. Este escrito só pretende informar dalgúns puntos que non apareceron ñas referencias que saíron nos medios estes días. O próximo día comentarei máis polo míúdo o asunto do nome da ría."
O artigo ía acompañado dunha foto do cartel citado, na escollera dos 90.
Ningún comentario:
Publicar un comentario