20100325

11 Mércores ás 11



Tiña ganas e coincidiu. Pouco antes das 11 da mañá, onte, pasei por Castropol e vin o mercado que alí teñen montado. Non estaba sinalado, pero case era dado de antemán onde se podía situar. Extendíase pola rúa do Campo e o Parque de Vicente Loriente. 11 postos en total e, alomenos no tempo que estiven, abonda menos xente mercando. Espazo sobraba, coa circulación cortada na r/ do Campo e unha distancia abonda entre postos, na rúa e no parque.
Sería cousa de ver naqueles mesmos momentos o mercado ribadense para comparar, pero naturalmente non foi posible, e a próxima semana non fai fé: mercado da Semana Santa. De calquera xeito, as apariencias parecen confirmar o que xa teño dito no blog algunha vez: unha vez chegada a primavera, o mercado castropoleño diverxerá do ribadense. Iso non quere dicir que non haxa que prestar atención ó 'noso' mercado.

Aproveitei para tomar algunha vista dos edificios que tapan a liña de visión entre o parque Loriente e Ribadeo/ría de Ribadeo. Vista que se pode completar dende Ribadeo.

Ningún comentario: