Despois da segunda, a terceira parte.
dentro do conxunto das mocións, xunto cos intereses partidarios, fieronse notorios os intentos por desligar a política local da política que se pode dar a outros niveis, alegando dende o tema dos touros ós demáis, a 'localidade' ou 'falta de localidade', tanto na defensa de temas como no seu ataque, ou na defensa do carácter como formación política dalgún grupo como no seu ataque. E, polo amosado, é algo que voltará a producirse, despois de terse dado con anterioridade de xeito menos virulento.
Da primeira parte do pleno, os puntos 8º e 9º foron sobre licenzas de primeira ocupación, e os anteriores, a petición de 39 m2 do actual aparcadoiro do Parador para dársellos á mellora da r/Alza, a titularidade da fonte de Vilaosende (co que se rematará a restauración que comezou tempo hai), e a apertura dun camiño en Ove, todos aprobados por unanimidade.
a parte od tema da ordenanza municipal sobre o ruído, que irá aparte, só quedan por comentar as resolucións da alcaldía, tratadas no punto 3º, onde se puxeron de manifesto diversos gastos, sacando a relocer cifras sobre actividades para procurar detalles, a orixe de facturas, a aplicación a un ou outro apartado, ou criticar o gasto e a priorización que se está a facer no concello. así saíron o mercado do Nadal (8 924 €) ou os arredor de 12 000 € en parques infantís, o apartado do gabinete de comunicación, os radioanuncios de actividades ou un pago de procuradora, ademáis dos recoñecementos de crédito que se fixeron últimamente, e que significou unha ampliación de 240 000€ sobre o que había anteriormente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario