Por imposibilidade de tratar a primeira hora da manñá todo un pleno que rematou ás 12 da noite dende as 8 da tarde, deixo aquí unhas pinceladas, á espera de máis desenvolvemento.
En primeiro lugar, a OMPCA, Ordenanza Municipal para prevención da contaminación acústica foi rexeitada por 9 votos contra 5. Resultado esperado e pouco novedoso, que desencadeou detrás del unha marcha de boa parte da xente que estaba no local ó comezo, tanto hosteleiros como da asociación Atalaya, desentendéndose ostentosamente do resto dos puntos da orde do día: o que importaba era o que lles podía afectar direitamente, e o resto ...
O pleno foi clausurado xusto ás 12 da noite, evitando unha parada técnica obrigada e o desembolso de novas dietas (800 € segundo dixo o alcalde poucos minutos antes).
Dentro dos rogos e preguntas, cando xa se levaba cousa dun par horas con sete persoas nos asientos do público despois de estar cheo ó comezo, destacarei só agora un par de puntos cos que comezaron os partidos da oposición, sobre o estado actual do caso de Lourenço Cruz, despois de que comezara, por resposta do goberno municipal, UPRi co listado de instrumentos da escola. Foi presentado o listado dende o ano 99, época do primeiro director, Hernán Naval, con asiganción de baixas, altas, etc, insistindo Francisco Rivas en se era 'libro' ou non, co correspondente enfado da concelleira delegada, que manifestou que todo estaba en orde e que, despois de que fora resolto o expediente sobre o director, presentaría as cousas ó público de xito máis extenso. O tema, ó ir pasando polos partidos, foi tomando unha deriva cara á prevención de que era grave que Amadores decidira prescindir do Director da Banda contratado co concello (a lembrar que Amadores consultou un avogado para ver se o podía facer ou non), no sentido de que non se lle podía permitir (o PP falou de 'Asamblea' para decidilo, cando non foi así), coa resposta, en particular a UPRi, de que se puxeran en contacto coa xente, foran pola escola non só a sacarse fotos, e logo falara, e en xeral, de que Amadores fixera diversas consultas antes da decisión. Tamén houbo que aclarar a pregunta do PSOE que se seguía un proceso xudicial aparte do proceso administrativo no concello, e que ambos eran independentes (algo que coido que calquera lector do blog sabe dende hai moitos meses)
Antes de parar por agora, dúas notas: o punto 19º foi retirado polo PP. Era unha moción para a defesa do porto de Ribadeo, que consideraron que xa estaba tratada por Portos de Galicia coa oferta realizada días atrás. e o punto primeiro foi a recepción de Ana Docobo Fernández como concelleira, despois de gardar un minuto de silencio todos os asistentes.
2 comentarios:
un miuto de silenzo por?
supoño que por algo grave do que non me decato... sorry se a pregunta é algo bruta
Pola morte de Nenó.
Publicar un comentario