20100311

Actualidade

A xuntanza relacionada coa Sanidade Pública mantida antonte en Lugo xa parece arrumbada a día de hoxe en Ribadeo. Non porque pasaran os temas e xa parezan sen importancia, nin moito menos, senón porque onte mércores parece que estouparon un par de cuestións no noso pobo. Aí van, aínda que soio sexa a modo de enumeración:
Un novo clube en Ribadeo, escisión do Náutico, en particular, da súa sección de pesca. Aínda que na realidade, non é unha escisión, senón unha nova creación que se leva por diante boa parte dos membros da sección, pero non o patrimonio, que segue no club como mandan os estatutos.
Novo conflito no mercado, a conta do pasado. Parece que os cobros seguen sen axustarse ós metros que agora ocupan os mercaderes, e que só é un problema administrativo, pero despois de ver o encadeamento de situacións críticas dende hai ano e medio, queda por ver se a solución é rápida e indolora ou non. O se aumenta o mercado de Castropol.
Por outra parte, a suspensión de ensaios da banda de música, que esta semana fará o cuarto, fai que Amadores da Música convoque unha xuntanza de socios e músicos para tratar o tema, ante o alongamento do mesmo. A lembrar que se dixera antes do antroido que a comezos de marzo xa estaría o expediente resolto, e a día de hoxe, 11 de marzo, non o está, téndose cumprido xa tempo dende o retorno do director ó seu posto, despois da suspensión de seis meses mantida.

Ningún comentario: