20100305

A EXPOSICIÓN DO FORTE DE SAN DAMIÁN

Primi Nécega Presentase esta exposición. Cunha participación de artistas da mariña, e como ben dice nese librito, que nos dan, negro e verde con dibuxo dunha mazá -que case apetece comela- co seu título a carón : "Abrindo surcos no contemporáneo". Nunca mellor dito, por eso non quería pasar sen ir vela. Coido que foi unha cousa nova para min, e a sorpresa chegou cando entramos alí…! Xa sei que temos anos é que non pasan en balde! Pero a mín gustoume todo aquelo que vin, había para tódolos gustos e antoxos. Hai que pensar que non era unha exposición corrente de óleos, pintura e outras artes, pois xa nos percatamos, cando entramos, ó ver aquela árbore no Barreiro da portada, onde perendollaban unhas mazaíñas moi apetecibles, que daban ganas de comelas… E alguen dixo --¿E esto qué é, venden mazás…? Todo un pretexto moi interesante abrindo o camiño para a sala da exposición. Malia que ó día seguente non quedou unha mazá na árbore, tan só os carozos colgaban en estética vista. Sempre ocorren estas cousas, os rapazes xa se sabe... ou quen sabe quen foi. De xeito a exposición estaba moi ben titulada “Mariñarte 09“ Que está para regalo no sitio máis emblemático de Ribadeo, pegadiño á nosa fermosa ría, en vela perenne as súas torretas e almenas, onde os gardas doutros tempos coidaban daquel polovorín, que a fin de contas foi arrasado. Por eso é moi importante que as persoas que amen o arte se acheguen unha tardiña para ver as pinturas, as fotos é a cerámica, cos grandes segredos da ciencia “informática“ que aquí se presenta, imaxinando un pouco cuan osa a fantasía, que estamos nuha terceira dimensión ou nun mundo diferente. Quizáis pola miña idade, quedei un pouco abraiada. Case cheguei a pensar… ¡Meu Deus, e non vou entender nada desto…! pero pouco a pouco a grandeza e a perspetiva duns novos valores, moitos deles para min descoñecidos, fixéronme reaxir de contado. E alí estaban falándome na súa linguaxe de algo novo por vir, dunha xeración que existe, e que nos apenas coñecemos. Agás o cadro de “As portas da memoria“ diciame ese algo que chegaba moi adentro, coa súa brétema, e aquel anoitecido no tempo da doenza, do engano dunha amargura presente. Así como a imaxe da “nena dos rizos“ sobre os papeis da escola, todo tristura, engano no espello dun vivir cal vítima inocente. E moitos máis que me decían algo a traverso daquela tarde, como o do avó… co seu pensamento derradeiro de tanta soidade… deixando na porta da casa unha notiña dicindo “ non hai ninguén ... Todos o fixestes moi ben. Compre agora felicitarvos por ese acontecemento para que sigades adiente. Pois xa sabedes todos que este mundo nada sería, senon fora ó arte, a xuventude esa posta en serio é a esperanza, e tamen todo amor que cada quen puxo no seu traballo. Enhoraboa…

Ningún comentario: