Estamos en Semana Santa. Despois do Domingo de Ramos, onte foi o Viarucis, a conmemoración de Jesús camiño do Calvario. Con vento frío e unha lua case chea visible despois de varios anos sen deixala ver as nubes, desenrolouse polas rúas céntricas de Ribadeo, con 10 cruces. O viacrucis ten 14 estacións, simbolizadas por 14 cruces, pero cando preguntei por que ían só 10 dixéronme que xa nunca saían as 14 (algo que non lembro de ningún ano). Na procesión, a groso modo, unhas 100 persoas, o 1% da poboación do concello, tendo en conta que era a única procesión deste tipo en Ribadeo. Bastante probable que a asistencia ós bares do recorrido fora maior, nun día de semana entre 22 e 23:30.
Por outra banda, iste é o primeiro ano que vexo anunciada unha celebración, relacionada co tempo de Semana Santa, da agrupación dos Testigos de Xehová, ás 20:30 no cine teatro. É de supoñer que se deixan o seu 'Salón do Reino' para ir ó cine é que esperan que se lles quede pequeno.
Tempo de meditación, iste de Semana Santa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario