20100329

Manifestándose

A entrada tiña outro nome, pero un fallo retrasou a súa publicación ata agora e o texto perdeuse; o de agora será diferente. O caso é que quería poñer de manifesto o éxito dunha manifestación en Vigo contra a proposta de privatización da xestión do novo hospital. O caso garda certas semellanzas con outros lugares de Galicia e por suposto ten relación co que pasa no servizo ofertado no hospital da Costa, tendo en conta que hai diferencias. De calquera xeito, salvo particularidades, tampouco sería quen de facer unha análise profunda do tema (no Tesón, a persoa encargada é Pancho Campos), co que deixo sinxelamente as preguntas prantexadas segundo o correo que recibín:
"
Asunto: EXITO DA MANIFESTACION
Cumprimos os nosos obxectivos!
Se pretendíamos que quedara patente o rexeitamento á proposta de xestión privada do novo hospital, o conseguimos!
A pesar da escasa repercusión mediática, os que estábamos alí sabemos que a resposta foi contudente.
Podemos dicir coa boca grande que eramos miles e miles de persoas.
O que non podemos é esperar que os medios expliquen a proposta do goberno, nin que analicen as alternativas, nin que se debata,...
Outras manifestacións son comentadas un mes antes e un mes despois,... esta non.
Non podemos esperar que o goberno se esforce en facer públicos e coñecidos por todos, os datos do proxecto:
- Que a inversión prevista pasou de 350 millóns (publico) a máis de 1.000 millóns (Privada: 50 mill/ano durante 20 anos). Por qué??
- Qué pasou co centro de investigación sobre o cancro proxectado inicialmente?
- Por qué non se centralizaron as urxencias que seguirán compartidas con POVISA supoñendo un sobrecuste para o presuposto do SERGAS.
- Por qué se van a perder camas?
- Qué vai pasar co Xeral?
O que nos queda é seguir informándonos e organizándonos, porque ese proxecto NON PODE SAIR ADIANTE!, NON ASÍ!!
NON IMOS RENUNCIAR A UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE.
"
Quédome coa última frase: non podemos renunciar a unha sanidade pública de calidade, sen esquecer o baile de millóns ou a repercusión mediática das accións, que inflúennoutras cousas.

Ningún comentario: