20100303

Mércores, mercado

Hai cousa dun ano os mercaderes estaban a piques de voltar ó mercado despois da folga. Este ano a cousa é diferente: o mercado mantívose no inverno, ben que en horas baixas, que algo fai a crise e quen se foi a Castropol. Pero, despois das primeiras semanas, pola novidade da existencia dun mercado en Castropol, nada se voltou saber do mesmo. Alguén foi alí? Coido que queda a testemuña de que se intentou, pero nada máis. E ven a primavera, e con ela, de novo a revitalización do mercado en Ribadeo. Nun par de meses, por se non estaba esquecida a aventura mercantil na outra beira da ría, aínda o estará máis.

1 comentario:

Yo escribo dixo...

<<>>

Hai que apoiar ós asturianos na sua iniciativa.

Durante anos e anos, os asturianos sempre foron por diante de Galicia e isto é un dato que se pode comprobar.

Todos os adiantos que chegaron a Galicia viñeron dende Asturias.