20100324

O ascensor da Atalaia, primeiro retrasado, logo tiroteado

Quizáis me saiu un título un pouco alarmista, pero é a realidade: a súa posta en funcionamiento está sendo retrasada, e agora ven o tema do disparo (1 só).
A estrutura do edificio non leva vidro, o vidro (de seguridade) é o do propio receptáculo do ascensor, e polo menos coa miña vista é necesario fixarse para ver o astelado do vidro de seguridade, e levar uns prismáticos para ver o impacto. Di o viciño que deu a nova ó encargado de obra que debeu ser o domingo, pero que non se enterou, e que di a Guardia Civil que o impacto é de bala por arma curta. Despois dun rato falando con el sobre o ascensor, os botellóns que se organizan na atalaia, a rotura de luces alí, etc, apunto eu se dirán que a arma usada é de canón curto porque con arma de canón longo o impacto sería máis forte, e que o disparo debeu de ser feito dende unha zona máis chá da nova baixada entre Atalaia e Cabanela, precisamente da que me estaba sinalando o impacto, por ser dende onde o vidro ofrece unha maior perpendicularidade á visión.
O comentario do concello, aquí.

2 comentarios:

agremon dixo...

Despois de ver na Voz un pé de foto diciendo que o diámetro da perforación feita pola bala é de 0,8 cm, a bo seguro se sabe xa de onde proviu, se da baixada, do paseo marítimo ou doutro sitio.

Ángel de Olavide dixo...

Creo que el inspector Wallander de la policia sueca va a venir este verano a veranear por la Mariña. a lo mejor se le puede pedir que ayude en la investigación. Estoy verdaderamente asustado por el incidente....no me llega la camisa al cuello.