20100302

Rosa Díez

A conta do galeguismo pexorativo de Rosa Díez, estes días está a haber auténticas xoias na prensa, ó estilo da campaña de Gadis de 'sexamos galegos'. O malo é iso, que, centrándose nun dito lamentable, en boa parte o que pasa é que se fai unha campaña para dicir algo como 'eu son (alomenos) tan galego coma ti, dende as miñas posicións; mira como o amoso contra esta que nos quere amolar'.
O primeiro efecto que tivo é político, pois con esta campaña, por exemplo, se se pretendía que houbera unha candidatura de Rosa Díez (léase 'UPyD', segundo un chiste que vin na prensa que dicía algo así como que non é que Rosa Díez pertenza ó partido, senón que o partido pertence a Rosa) por exemplo en Ribadeo para as municipais, como se ten comentado algunha vez mesmo na prensa, vai a ter as cousas máis difíciles.
O segundo, centrar algo a discusión de temas dos políticos (non de temas políticos) achegándoa a Galicia.
Bo, entón, foi bo que a tal Rosa dixera iso? Para ela, non, pero serviu para desfogarse moita xente, e pode que como residuo remate aflorando algo mellor de Galicia. Polo menos, algo máis de unión.
... Como residuo.

Ningún comentario: