20100312

Unha nova etapa para a banda

Noi sei moi ben se se pode cualificar así, pero en certo xeito, é o que significa. Despois de catro semanas sen ensaios (debido á incorporación de Lourenço Cruz ó seu posto o 18/2) nunha xuntanza mantida hoxe venres ás 9 da noite no salón de actos da casa do mar (atención, non asamblea de amadores nin de músicos, senón xuntanza informativa convocada só a istos efectos pola directiva, sen citación persoal ós socios), a directiva deu a nova de que David Ballester, o director en funcións durante os seis meses de inactividade de Lourenço, prestouse a seguir dirixindo a banda polo momento para evitar a paralización total da mesma.
Aínda así, o concerto de Semana Santa quedará suprimido por falta de ensaios abondo (non a procesión). O público presente, que case enchía o salón de actos, fixo preguntas e intervencións diversas, sempre calmadas, e apoiou á directiva na súa aposta cara ó futuro.
Así as cousas, mañá sábado, ás seis da tarde, terá lugar o primeiro ensaio da banda dende o 12 de febreiro, voltando a poñer en marcha ós músicos e ós socios nun proxecto ilusionador dende sempre.

1 comentario:

ajaspino dixo...

pois alégrome de que volvan a ensair