20100312

Veto

Unha nova que se me escapou xa hai días pon na boca dun representante de Esquerda Unida na comunidade viciña a posibilidade de veto por parte do Principado ó dragado de Mirasol.
A parte de manifestar o carácter totalmente político, máis que de razóns económicas directas do asunto na actualidade e xa hai tempo, e nese sentido non aportar nada novo ó que levo dito no blog e se leva comentado en diversos sitios, recaigo na consideración do veto do dragado: argumenta dito representante no 'El progreso', que Portos de Galicia quere metela dobrada para unha ampliación subrepticia do porto, e que o Principado pode opoñerse, mesmo vetar o dragado.
Caigo na conta de que se pode opoñerse legalmente, eso indica que hai razóns legais que se están ignorando para o mantemento da ría, e se pode vetalo, ditas razóns son determinantes. Entón, ata agora, ambas administracións, Xunta e Principado, estarían infrinxindo a lei. En caso contrario, as verbas recollidas non deixarían de ser unha bravuconada máis dalgún político ou grupo que necesita visibilidade, desas que enchen a prensa día tras día tentando autoanunciarse ás persoas ou grupos nunmundo competitivo onde pouco importa 'o que non sae nos papeis'.

Ningún comentario: