Esa é a relación actual: 13 fronte a 55. Refírome ás parcelas pedidas no polígono despois do primeiro prazo, o que estaba publicitado como máis ventaxoso, fronte ó total de aprcelas dispoñibles.
Lévase dicindo moito tempo que en Galicia falta solo industrial. Aquí haino. E polo que parece a non moi mal prezo e axudas de financiamento. Cunhas lixeiras condicións para evitar a especulación. Pero as peticións polo momento non parecen ir ó ritmo prometido.
Por que? A crise? Coido que haberá que profundizar un pouco máis. A ver no seguinte prazo... Mentras, segue a historia.
1 comentario:
Supoño que a actual situación non axuda moito. O interesante sería que empresas medianas se instalasen en Ribadeo.
Porque si ó final, traducimos o poligono á instalación de 4 talleres de chapa, 2 talleres de pintura y 3 de carpintería. Estamos estancados outra vez no densenrrolo. O que necesita o polígono son novos negocios (por exemplo: ¿Un taller de mecanizado de alta precisión? ¿Unha empresa de mantemento industrial? ¿Unha empresa que presete servicios de prevención ás compañías da mariña?
Bueno, supoño que as novas ideas, xa teñen lugar nos viveiros de empresas, creadas con este obxectivo.
Publicar un comentario