20100402

En relación ós emigrantes

Relendo partes dun libro que vai para catro anos, atopo algo que aínda serve para cavilar moito hoxe.
"(...) teño visto os emigrantes, famentos, pálidos, tristes, esconsolados, coas mans callosas de tanto traballo ... que xa sabedes que desta terra fuxen os que traballan, pero non os zamezugas da política que teñen as mans suaves e levan os callos na ialma."
(Manuel Lugrís Freire. O compromiso. por Xosé Ramón Barreiro - Xosé Luis Axeitos. La Voz de Galicia 2006, p.53 "Discurso - mitin de Betanzos, 1907")

2 comentarios:

Yo escribo dixo...

Eu creo que a realidade da inmigración cambiou. Claro que hai xente necesitada, que nos seus países están a morrer de fame e necesitan unha oportunidade en outros países. Benvidos sexan.

Pero a realidade que vivimos hoxe en día en España e moi distinta. Os inmigrantes (maiormente rumanos) veñen ó noso país a roubar, a gañar os cartos fáciles. A última proba a temos no roubo e nos destrozos que sufrio Os Irmandiños (na Rochela) fai unhas semanas por unha banda de rumanos.

¿E os roubos no Rei das Tartas de Mondoñedo? ¿E os roubos en Ribadeo, Foz, Burela? ¿E aqueles rumanos que colleran en Ribadeo?

Antes estos pobos eran bastante máis tranquilos.

Outro tema puntiguado é a cultura. Un país ten unha identidade, e un inmigrante ten que adaptarse á cultura de ese país. ¿Qué nos pasa si vamos a vivir a Arabia Saudí? Pois ou nos adaptamos á sua cultura ou nos miran bastante mal. Entonces ¿porqué eles non se adaptan á nosa cultura?
¿Qué ocurre si eles non se adaptan á nosa cultura? Pois que a identidade de España desaparecerá.


Inmigrantes sí, pero soamente os que queiran traballar e adaptarse á nosa cultura.

agremon dixo...

... en realidade o post ía por outro sentido ...