20100411

Procesión en Vilaselán

    As festas da Virxen en Vilaselán acadaron esta fin de semana o punto clave do 2010.
    Novas como esta daban o punto de actividades, e o apartar o campo da festa da beira da igrexa, de paso que alonxaba a gallaroufa do núcleo máis próximo de Vilaselán, tamén permitiía recibir a más festeiros, ou escoitar a música da outra beira da autovía, atraendo a xente cara alí.
   De calquera xeito, a quizáis o punto forte anual é a procesión coa virxe, que aglutina máis xente que as procesións ribadenses, cunha poboación parroquial abondo maior no núcleo urbano que en Vilaselán. Un fenómeno social quizáis a investigar polo que representa de diferencia, e que se ben indica unha maior participación de parroquianos por estar máis aglutinados que no pobo, onde se produce unha dispersión, na miña opinión sobrepasa este feito para aglutinar outros como a devoción á virxe, de carácter supraparroquial. Pero o feito está ahí: mentras que no pobo as procesións esmorecen, a de onte non sofre polo momento o mesmo fenómeno. As dúas imaxes, cedidas, indican da orde da metade da asistencia.

Ningún comentario: