As novas moitas veces son esaxeradas para procurar titulares ou determinada reacción. Atopámonos con elas a diario, e normalmente descontamos xa o efecto por anticipado. Non sempre ocorre así, nin moito menos. Nin no desconto do efecto, nin na esaxeración dos titulares. É máis, ás veces quédanse moi cortos por unha ou outra razón.
Onte en Ribadeo ocorreu un feito deses que da que pensar xa non sobre a limitación da información, senón sobre a idea con que foi realizado. Unha muller foi queimada nun establecemento de chucherías fronte ó colexio das monxas, ó entrar unha pelota de pin-pon ardendo no local mentras un grupo de cativos estaba a mercar. Os escolares axudaron a apagar o lume que estaba abrasando á muller, pero as medias de material plástico arden con facilidade, e a muller saiu de comezo para Burela.
A idea primeira mesmo pode tratarse dunha broma a uns escolares. Pero xa se sabe do que se di de xogar con lume. E as consecuencias da acción están á vista. A parte da impresión de ser testemuñas dun queimado que se vía que non era accidental, senón provocado por algo externo. Xogos que parecen derivados das accións nalgunha guerra, non son xogos, senón un perigo na propia acción, e un aviso para o futuro.
3 comentarios:
Coido que o mellor complemento na prensa ata o momento é iste: http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2010/04/08/0003_8403224.htm
Pois coido que eses DELINCUENTES deberían ir mesmamente uns 5 anos para á carcel. ¿E porque non? Así aprenderían a comportarse na vida. E máis, según dín, son rapaces conflictivos en Ribadeo, que xa protagonizaron algún que outro altercado, xa digo, según din.
Sobre o tema, e en relación ó comentario de Yo escribo, só dicir que polo pobo circulan moitas cousas que non son realidade.
Publicar un comentario