20100526

Conto económico por correo electrónico

    Chegou ás miñas mans, procedente dun amigo e sen outra sinal de identidade. Pode servir para ver que é, en resume, o que está a pasar...

    Solicitouse a un prestixioso asesor financeiro que explicase esta crise de forma sinxela, para que a xente normal e corrente entendese as súas causas.
    Este foi o seu relato:
    Un señor dirixiuse a unha aldea e ofreceu aos seus habitantes 100 euros por cada burro que lle vendesen.
    Boa parte da poboación vendeulle os seus animais.
    Ao día seguinte volveu e ofreceu mellor prezo, 150 por cada burriño, e máis xente lle vendeu os seus.
    A continuación ofreceu 300 euros e o resto vendeu os últimos burros.
    Ao ver que non había máis animais, ofreceu 500 euros por cada burriño, dando a entender que os compraría á semana seguinte, e marchouse.
    Ao día seguinte mandou ao seu axudante cos burros que comprou nesa mesma aldea para que os ofrecese alí a 400 euros cada un.
    Ante a posible ganancia á semana seguinte, todos os aldeáns compraron os seus burros a 400 euros, e quen non tiña o diñeiro pediuno prestado. De feito, compraron todos os burros da bisbarra.
    Como era de esperar, este axudante desapareceu, igual que o señor, e nunca máis apareceron.
    Resultado:
    A aldea quedou chea de burros e endebedados.
    Pero tivo consecuencias:
    Os que pediran diñeiro prestado, ao non vender os burros, non puideron pagar o préstamo.
    Quen prestara cartos queixouse ao concello dicindo que se non cobraba, arruinaríase; entón non podería seguir prestando e arruinaríase todo a vila.
    Para que os prestamistas non se arruinaran, o Alcalde, en troques de dar cartos á xente da vila para pagar as débedas, se deullo aos propios prestamistas. Pero estes, xa cobrada gran parte do diñeiro, non perdoaron as débedas aos da vila, que seguiu igual de endebedada.
    Como o Alcalde dilapidou o orzamento do Concello, este quedou tamén endebedado.
    Entón pideu cartos a outros concellos; pero estes dinlle que non poden axudarlle porque, como está na ruína, non poderán cobrar despois o que lle presten.
    O resultado:
    Os listos do principio, forrados.
   Os prestamistas, coas súas ganancias resoltas e unha morea de xente a que seguirán cobrando o que lles prestaron máis os intereses, incluso apoderándose dos xa desvalorizados burros cos que nunca chegarán a cubrir toda a débeda.
    Moita xente arruinada e sen burro para toda a vida.
    O Concello igualmente arruinado.
    Resultado final?
   Para solucionar todo e salvar á vila, o Concello baixou o soldo aos seus funcionarios.

    Conste que opino que a comparación funciona mellor a nivel estatal, pero tamén se ve ben así, a nivel local.

Ningún comentario: