Esperei a ver se se daba a nova noutros lugares na prensa. O tempo vai pasando e parece que só se fixo na COPE, alomenos de forma escrita a traverso do blog: os municipais da Veiga cobrarán horas extras para controlar o ruído dun local nouturno. Polo momento, din que o concello leva desembolsados 3 000 € de indemnización. E só é un local. Interesante a redacción do primeiro parágrafo do post ligado, que corresponde á nova, que manifesta unha vez máis o abandono por parte dos concellos de parte dos seus veciños.
Non é que non haxa lexislación, é que non se cumpre. E, ó igual que no caso de 'salvamento' dos bancos quen pon os cartos e se fastidia non son os bancos, neste caso tamén dubido que sexa o local quen aporte os cartos e moito menos, sufra as consecuencias do ruído.
Supoño que pronto se saberá máis do tema.
Por certo, a conto do tema, descubrín que mañá botan na Veiga 'Los muertos van deprisa', no auditorio, ás 20:00.
Ningún comentario:
Publicar un comentario