20100521

Hoxe, actos. Pero, primeiro, política

1. Pleno ás 9 (da mañá). A parte do dito no blog (1, 2, 3), en novas de hoxe (1, 2) queda patente o interesante deste pleno onde se presenta a moción de confianza e as derivacións que pode ter en moción de censura. A hora quizáis faiga que non haxa moita xente, sexa por traballo, sexa por descanso, o que non quita que poda ser a principal atracción de hoxe en Ribadeo polas consecuencias que de el se derivan. Tampouco é de esperar que dure moito...
2. No auditorio Hernán Naval, XORNADAS FORESTAIS E MICOLÓXICAS, Venres 21 (18:30) e sábado 22 de maio (10:30), un tema que pode dar de si, en particular para os afeizoados á micoloxía.
3. Exposición das cruces e pendóns das sete parroquias que peregrinan á Romería das Cruces en A Ponte, Arante. Comezo con misa media hora antes e continuación con actos sábado (día da xuventude, peregrinación), domingo (pregón, misa, concerto, verbena, sesión vermut) e luns (romería, verbena)
4. Presentación do libro 'Senderos para el viajero' ás 20:30 na Casa das Letras.
5. E tamén, tuppersex!, adicado a todas as mulleres e homes maiores de 18 anos. A partir das 19 horas, obradoiro de sexualidade na Casa do Mar de Ribadeo.
... e continuará a realización do video para o cancro con luvas rosas, que está tendo un apoio grande en todo Ribadeo, e que será colgado en youtube unha volta editado.

Ningún comentario: