O blog está a chegar ó fin dunha etapa. Hai varios anos publiquei unha entrada na que facía unha declaración de intencións. Entre elas, o publicar o máis achegado posible ó día a día.
Mañá con domingo seguridade pasaranse as 100 000 visitas do blog, sen contar as que se fan de segundas fontes como por exemplo, a traverso da rede facebook.
O chegar a un número así fai plantexarse de novo as cousas, e de feito estaba esperando a tal cousa para facer algúns cambios no blog. Como de calquera xeito non os teño definidos totalmente, xa se irán observando pouco a pouco. Non vai haber ruptura brusca de estilo nin nada diso, e o fin non variará. Quizáis haberá unha menor rotación de artigos, por exemplo, ou máis días que non haberá artigo a primeira hora da mañá. O que espero é sinxelamente que vos aproveiten; xa me daredes a vosa opinión.
2 comentarios:
Está bien plantearse innovaciones. Con esto de los blogs, el mio va pronto a cumplir sus cinco añitos, es necesario a veces tomar distancia. Creo que dar un ritmo mas pausado a las entradas es muy inteligente. Es posible que con una temática como la que tu llevas tuvieses materiales para todos los dias pero eso no puede ser la respuesta si a ti lo que te apetece es ver las cosas con mas distancia, menos presionado por lo cotidiano. Creo que acertarás, si además introduces cambios formales mejor que mejor.
Saludos
Paréceme ben a opinión de Angel de Olavida. Pro penso que abandonar a información diaria do día a ´día é crear unha lagoa que naide vai a encher. é certo que a információn está ao alcance de calquera nos medios, pro non é menos certo que Ribadeando dalle unha cor moi personal. Non nos gustaría botal en falta algo que ten demostrado a sua valía, só pola teima de cambiar. José Mª. Rguez.
Publicar un comentario